Visita ao porto e praza de abastos de Bueu
30/03/2026
O pasado sábado 28 de marzo realizamos unha visita guiada á praza de abastos de Bueu con 30 mulleres da Asociación Mulleres que poden, da Estrada.
A xornada comezou no porto de Bueu, onde falamos da actividade pesqueira local, das artes e modalidades de pesca, e da importancia da pesca artesanal na zona.
A continuación, realizouse unha visita guiada á praza de abastos, onde percorremos os distintos postos e coñecemos de primeira man as especies dispoñibles, a súa tempada, os diferentes cortes, o etiquetado e como identificar a frescura do produto.
Unha experiencia para achegar o mar á ciudadanía.