VIII Conferencia Internacional Arvi sobre o Futuro da Pesca

PescadeRias

O 27 e 28 de setembro tivo lugar a VIII Conferencia Internacional Arvi sobre o Futuro da Pesca: a pesca europea ante o Level Playing Field.

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar, Mercedes Rodríguez Moreda, impartiu un relatorio sobre a marca pescadeRías, ¿de onde se non? dentro do bloque “O etiquetado e as certificacións na pesca do futuro: como facer partícipe á persoa consumidora no level playing Field”.