Vendas de produtos pescadeRías en 2021
18/04/2022
En 2021, as vendas de produtos do mar co selo de calidade pescadeRías acadaron preto das 14.400 toneladas o cal supuxo un incremento do 30% con respecto a 2020, volvendo así a volumes semellantes aos rexistrados antes da pandemia.
As lonxas con maior volume de recurso certificado posto no mercado durante o ano pasado foron Ribeira (2.400 toneladas), Noia (1.700 toneladas), Malpica (1.480 toneladas), Corcubión (1.075 toneladas) e Portonovo (970 toneladas).
Por especies comercializadas, a produción de vieiras e ostras foi comercializada na súa totalidade baixo o selo pescadeRías, mentres que outras moitas acadaron índices de arredor do 90% do total. É o caso do berberecho (máis de 1.500 toneladas), da ameixa xaponesa (máis de 1.400 toneladas) ou do polbo (944 toneladas), as especies con maior volume de vendas rexistradas.