Vostede está aquí

Vedas de crustáceos

Publicado o xoves, 09 Xaneiro 2020 12:44
Vedas de crustáceos

O día 6 de xaneiro despedímonos das nécoras, xa que ese día comezou o seu período de veda, que non rematará ata o vindeiro 1 de xullo. Tamén o día 6, comezou a veda do santiaguiño, crustáceo que tan só pode ser capturado os últimos tres meses do ano.

En canto ás aperturas, a partires do día 1 deste mes, e ata o 30 de setembro, a lagosta regresou ás lonxas, tras finalizar o seu período de veda.

Compartir en redes sociais