Veda para o choco nas Rías de Arousa, Pontevedra e Vigo

Veda para o choco nas Rías de Arousa, Pontevedra e Vigo

O Diario Oficial de Galicia publicou no mes de xullo as Resolucións da Consellería do Mar polas que se establece un período de veda para a pesca do choco na Ría de Arousa, que comezou o 1 de agosto e se prolongará ata o 31 de outubro, e nas Rías de Pontevedra e Vigo, do 15 de xullo ao 31 de outubro.

Deste xeito queda prohibida a captura, tenencia a bordo, transbordo, comercialización ou venda desta especie con calquera das artes e tamén para tamén a pesca marítima de recreo nas augas máis interiores, é dicir, por dentro das liñas de referencia do anexo III establecido no Decreto polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas de competencia de Galicia.

Preme aquí para ver as resolucións: Arousa, VigoPontevedra.

Foto cedida pola Confraría de Redondela.