Veda da centola

PescadeRias

A veda da centola na parte litoral que vai desde A Guarda ata cabo Corrubedo e de cabo Corrubedo ata cabo Estaca de Bares comezou o 24 de xuño e prolongarase ata o vindeiro 5 de novembro, día incluído. Na provincia de Lugo, zona comprendida entre cabo Estaca de Bares e o río Eo, incluíndo a ría do Barqueiro, a veda comezará o 3 de xullo e prolongarase ata o 27 de novembro. Así o establece a resolución pola que se aproba o plan de xestión da centola e do boi para a campaña 2023-2024, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG).