Tripulación pescadeRías: Pilar Otero
16/06/2025
Nova integrante da Tripulación pescadeRías. Este mes visitamos Frigorificos Rosa de los Vientos para conversar con Pilar Otero, responsable de administración da empresa e presidenta da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (ANMUPESCA).
Frigoríficos Rosa de los Vientos é unha empresa familiar creada no ano 1991 en Bueu para o procesado e ultraconxelado de polbo. Pilar cóntanos a súa historia e a súa evolución como empresa dedicada á produción e comercialización de produtos do mar tanto frescos como conxelados.
Unha entrega chea de tradición, cultura e innovación!
Podes ver o vídeo aquí.