Tripulación pescadeRías: Manuel Tomás Abal

pescadeRias

Continuamos coa Tripulación pescadeRías con Manuel Tomás Abal, poxador da Confraría de Pescadores de Ribeira.

Como é o día a día nunha lonxa de peixe e marisco? Que funcións ten un poxador? Manuel cóntanolo de primeira man desde un dos portos pesqueiros máis importantes de Galicia. Coñeceremos en que consiste o seu traballo diario na Lonxa de Ribeira, onde cada día se descargan peixes e mariscos procedentes da pesca artesanal galega, que despois atoparemos nos mercados de toda Galicia e tamén noutros puntos de España.

Podes ver o vídeo aquí