Tripulación pescadeRías: Alberto Ribas

pescadeRias

Comezamos o ano en Tripulación pescadeRías acompañando a Alberto Ribas nunha xornada de compras na Praza de Abastos de Pontevedra, onde a elección do produto e o contacto directo cos praceiros son parte esencial da experiencia.

Creador de contidos de gastronomía e turismo e autor do blog Alvientooo, Alberto comparte connosco que valora á hora de mercar, que produtos escolle e en que detalles se fixa para dar forma ás súas receitas. A visita complétase cunha elaboración culinaria no Espazo Oroza, onde prepara unhas albóndegas de choco aprendidas de Ricardo Fernández, cociñeiro e profesor no CIFP Carlos Oroza. A receita xa está dispoñible na sección A receita do mes deste boletín.

Preme aquí para ver o vídeo.