Tempada de lamprea
03/01/2025
Onte deu comezo a campaña de pesca da lamprea de mar (Petromyzon marinus) no tramo internacional do río Miño, onde están autorizadas artes tradicionais como a rede lampreeira de tres panos e a nasa butrón.
No 2024 comercializáronse en Galicia 2144 quilos desta especie. A Confraría de Pescadores Santa Tecla de A Guarda, certificada pola marca pescadeRías de onde se non?, liderou a primeira venda deste prezado manxar en Galicia, co 80% do volumen total comercializado.