Showcooking no Mercado das Travesas de Vigo
24/04/2014
O Mercado de As Travesas (Vigo) vai realizar unha serie de showcooking abertos ao público que achegarán os produtos certificados pescadeRías á cociña das nosas casas. As sesións serán semanais e celebraranse todos os xoves non festivos dende o 24 de abril ata o mes de setembro. A Confraría de Tragove-Cambados, Porto de Cambados e a Confraría de Bueu achegarán produtos da ría para estes talleres prácticos.