Sete empresas certificadas e dúas confrarías estiveron en Alimentaria Barcelona
20/04/2018
Entre o 16 e o 18 deste mes tivo lugar Alimentaria Barcelona, onde a Consellería do Mar contou cun stand propio para a promoción dos produtos galegos.
Na feira tiveron presencia as empresas certificadas polo selo pescadeRías, ¿de onde se non? PacoLafuente (ConserveraGallega), Conservas La Brújula, Mariscos Daporta, Conservas Porto-Muiños, Yatecomeré, Mariscos Laxe de Rons e as confrarías de Muros e Lira xunto con Pulponor S. Coop. Galega.
Durante a súa estancia recibiron a visita da Conselleira do Mar Rosa María Quintana Carballo e da Directora Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica Mercedes Rodríguez Moreda.