SEAFOOD 2014

SEAFOOD 2014

Un total de 34 empresas galegas do sector do Mar estiveron presentes na Feira Seafood de Bruxelas da man da Xunta de Galicia. A Xunta de Galicia promocionou os produtos galegos do mar na XXII edición da feira European Seafood Exposition, que se celebrou en Bruxelas do 6 ao 8 de maio e que está considerada coma o maior evento sectorial do mundo no eido do comercio dos produtos marítimo-pesqueiros. A Consellería do Medio Rural e do Mar estivo presente neste certame cun stand de 447 metros cadrados que acolleu e deu cobertura a un total de 34 empresas galegas. Entre elas, co selo pescadeRías, estivo Frigoríficos de Camariñas, comercializadora de polbo conxelado baixo a marca "Canosa".