Salón Internacional de Turismo Gastronómico XANTAR 2020

XANTAR 2020

Do 5 ao 9 de febreiro, estaremos en Ourense, no Salón Internacional de Turismo Gastronómico XANTAR 2020. Haberá degustacións de produtos certificados na sala de catas do stand da Consellería do Mar e terán presencia na feira a Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia e as empresas JoyEmbassy, Frigoríficos Rosa de los Vientos e Conservas Sotavento.

Aquí podes descargar o programa de actividades e aquí unha invitación para asistir á feira e participar das catas.