Salimat
02/07/2015
Do 11 ao 14 de xuño celebrouse a 19ª edición do Salón Alimentario do Atlántico (Salimat) en Silleda. Na sala de catas do stand de Galicia ofrecéronse diversas degustacións de excelentes produtos galegos. Coma en edicións anteriores, algunhas tiveron como protagonistas ós produtos coa certificación pescadeRías, tanto frescos como en conserva. ¡Exquisitos! Realizouse unha cata de produtos pescadeRías exclusivamente para importadores de máis de 15 países presentes na feira. Tras a degustación posaron para nos. ¡Por suposto, foi todo un éxito!