Vostede está aquí

Rexeneración de bancos marisqueiros en A Illa de Arousa

Publicado o xoves, 23 Xaneiro 2020 14:03
Rexeneración de bancos marisqueiros en A Illa de Arousa

Na Confraría de Pescadores de A Illa de Arousa, certificada polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?, comezaron o ano continuando coa súa aposta pola rexeneración dos seus bancos marisqueiros cunha sementeira de 1.000.000 de unidades de ameixa babosa.Durante o 2019 sementaron un total de dous millóns e medio de unidades desta especie, ás que hai que engadir outros 500.000 exemplares de ameixa xaponesa. Así mesmo, realizáronse arados e aportacións de áridos para mellorar a produtividadedas súas zonas de marisqueo.

Podes ver máis información neste artigo de La Voz de Galicia.

Compartir en redes sociais