Vostede está aquí

Remata a veda da centola e do boi

Publicado o luns, 11 Novembro 2019 13:13
Remata a veda da centola e do boi

Conforme se recolle na RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2019 pola que se aproba o plan de xestión da centola e do boi 2019-2020, estas dúas especies poderán comezar a ser extraídas a partires de hoxe, 11 de novembro, entre a desembocadura do Miño e o Cabo de Estaca de Bares. A veda continúa dende este punto ata o Río Eo ata o 2 de decembro.

A cota máxima de captura para cada unha destas especies será de 35 kg por barco e día, á que se lle engadirán 35 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo.

Compartir en redes sociais