Redondela: etiquetado individual

PescadeRias

A lonxa da Confraría de Pescadores de Redondela comezou a realizar etiquetaxe individual co selo pescadeRías, ¿de onde se non? nos mellores exemplares de peixe que poñen á poxa.

A etiquetaxe individual co logotipo do selo de calidade, permite á clientela recoñecer facilmente os produtos certificados pola marca, informando ás persoas consumidoras a procedencia da pesca artesanal do peixe que a leva.