Recertificacións e seguimentos durante o mes de maio
14/06/2021
Durante o mes de maio, a depuradora Mariscos Malliño, S.L., renovou a súa certificación no selo pescadeRías, de onde se non?. Esta entidade está certificada para a comercialización de moluscos bivalvos.
Por outra banda, a Lonxa de Marisco de Vigo (bivalvos), a Lonxa de Sada (peces e cefalópodos) e a depuradora Mariscos Camino, S.L. (bivalvos), superaron auditorías de seguimento da marca.