Que hai detrás das ecoetiquetas? Unha pequena guía para a súa interpretación

PescadeRias

Dende finais da década dos 70, proliferaron en todo o mundo un gran número de ecoetiquetas orixinadas pola demanda do mercado para identificar e diferenciar aqueles produtos que cumpren unha serie de requisitos ambientais. No directorio Ecolabel Index recompílanse máis de 455 ecoetiquetas presentes en 199 países e que abarcan 25 sectores industriais que tratan de trasladar e inducir no consumidor a bondade dos produtos ou procesos co selo de “sostible”.

Ante a avalancha é importante ter uns criterios mínimos que poidan clasificalas e saber a súa representatividade e impacto real. Neste artigo publicado orixinalmente en The Conversation, o catedrático da USC Gumersindo Feijoó ofrécenos unha pequena guía para a súa interpretación.

Preme aquí para ver o artigo.