Publicada a resolución para a ordenación da pesquería da sardiña
13/05/2019
O pasado venres 10 de maio, publicouse no BOE a Resolución de 24 de abril de 2019, da Secretaría Xeral de Pesca, pola que se establecen disposicións de ordenación da pesquería da sardiña ibérica (Sardina pilchardus) que se pesca en augas ibéricas da zona CIEM VIIIc e IXa, na cal se establecen as datas de apertura e peche para as distintas artes así como as cotas de captura por buque.