Proxecto ESClimaTIC
16/01/2025
No último número do boletín de novas de pescadeRías de onde se non?, presentamos os resultados do proxecto ESClimaTIC, liderado por Laura Vidal Bralo, doutora en Bioloxía e coordinadora de sustentabilidade na cooperativa Dalle que Dalle. O nome do proxecto é un acrónimo de Estratexia, Clima e Tecnoloxías da Información e Comunicación.
A iniciativa contou coa participación de varias confrarías da ría de Arousa, impulsando unha xestión máis sustentable e resiliente das actividades pesqueiras e marisqueiras na zona. Un equipo técnico composto por persoas con diversos perfís das confrarías da Pobra do Caramiñal, da Pastoriza de Vilanova, de San Martiño do Grove e de San Antonio de Cambados adaptou ao contexto pesqueiro-marisqueiro local a Climate-Resilient Fisheries Planning Tool (CRF), unha metodoloxía desenvolvida pola SNAPP (Science for Nature and People Partnership). Esta ferramenta facilita a toma de decisións estratéxicas das PEMEs locais, promovendo a súa resiliencia climática e a sustentabilidade das actividades que desenvolven.
Podes ler o artigo completo aquí.