Vostede está aquí

Produtos certificados en Nova York, na V edición do Galician Cinema & Food Festival

Publicado o xoves, 27 Xuño 2019 13:39
Produtos certificados en Nova York, na V edición do Galician Cinema & Food Festival

A marca pescadeRías, ¿de onde se non? está presente na V edición do Galician Cinema & Food Festival que se está a celebrar no Instituto Cervantes de Nova York e no Cosentino City Manhattan, do 24 ao 27 de xuño. O festival busca dar a coñecer e poñer en valor os produtos galegos no mercado estadounidense.

Ás actividades do programa, que xunta cinema e gastronomía de Galicia, asisten profesionais da prensa especializada e da industria da distribución.

A chef estrela Michelin Lucía Freitas, do restaurante A Tafona de Santiago, está a cargo do programa gastronómico

O público asistente poido degustar conservas certificadas de Conservas de Portomar, Ramón Peña, Los Peperetes e Porto-Muiños.

Compartir en redes sociais