Primeiro boletín de novas de 2025
08/01/2025
Xa está dispoñible o boletín de noticias de xaneiro da marca pescadeRías de onde se non?
Neste número atoparás historias destacadas como a campaña de pesca da lamprea no Miño, a veda de especies como o santiaguiño e a nécora, e a nova sección Tripulación pescadeRías, onde coñecerás aos protagonistas da pesca artesanal galega.
Consulta o boletín completo aquí.
Podes subscribirte ao noso boletín para recibir toda a actualidade da pesca artesanal galega directamente no teu correo aquí.