Primeiras etiquetas individuais na Lonxa de Bueu
15/05/2019
A lonxa da Confraría de Pescadores de Bueu comezou este mes a realizar etiquetado individual co distintivo pescadeRías, ¿de onde se non? en peixes.
Con Bueu son xa nove as entidades que utilizan ese tipo de etiquetas: Bueu, Cedeira, Ribeira, Fisterra, Cambados, Portonovo, Cangas, Corcubión e Baiona.