Presentación de produtos agroalimentarios galegos en Londres
04/10/2016
Onte, no Hotel Meliá White House, os produtos galegos luciron ao seu máximo nivel no evento Galician Gourmet Extravaganza, que xuntou a profesionais da hostalaría, tendas delicatessen e distribuidores londinenses nunha xornada na que tamén estiveron os produtos certificados pescadeRías, ¿de onde se non? con Paco Lafuente, Rosa Lafuente e Mar de Silleiro.