Pola túa seguridade...
22/08/2014

A Conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, fixo unha vez máis un chamamento a toda a cidadanía para que adquira os produtos do mar seguindo os cauces legais de comercialización para evitar problemas de seguridade alimentaria. Neste sentido, fixo fincapé en que a loita contra os fraudes na comercialización de produtos do mar é responsabilidade de toda a sociedade. A conselleira realizou estas declaracións ante a primeira intoxicación pola biotoxina ASP (amnésica) rexistrada en Galicia e que foi ocasionada debido ao consumo de mexillón adquirido fóra dos cauces legais.