pescadeRías en Nuremberg

pescadeRías en Nuremberg

pescadeRías leva a Alemaña os seus produtos!. O 30 de abril e o 2 e 3 de maio celebrouse en Nuremberg "Galicia, Portico Universal". A exposición da Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Consellería do Medio Rural e do Mar, a Axencia Turismo de Galicia, Galicia Calidade, a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño e o Centro Galego de Núremberg, incluía degustacións de produtos pesqueiros coa certificación pescadeRías da man dos chefs Iván Domínguez e Miguel Mosteiro, e o Sumiller Nacho Costoya.