pescadeRías, ¿de onde se non? no Mercado do Mar en liña
25/09/2020
A sétima edición do Festival Mar de Mares celebra o seu primeiro Mercado do Mar en liña do 24 ao 27 de setembro, motivado pola situación sanitaria actual, de tal xeito que este ano a exposición de produtos en torno ao mar será virtual, a través da páxina web do Festival.
O Mercado do Mar, no que colabora a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, amosará os produtos e servizos de 12 iniciativas, entre as que se atopan, o selo pescadeRías, ¿de onde se non? e as empresas certificadas Conservas Currimar, Porto-Muiños e Pulponor Sociedade Cooperativa Galega.