pescadeRías de onde se non? no Galicia Market Place 2025
04/07/2025
A marca pescadeRías de onde se non? participou onte na 9ª edición do Galicia Market Place, o gran encontro do sector marítimo-pesqueiro galego organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia, en colaboración coa Xunta de Galicia, a propia marca e Abanca.
A marca contou con representación en dous paneis de expertos, así como nun showcooking con produtos certificados e novas propostas gastronómicas con valor engadido. No espazo de exposición e catas estiveron presentes dúas empresas certificadas: Capitán Alga e Pescados Loureda, que achegaron exemplos reais da riqueza e diversidade do sector pesqueiro artesanal galego.