pescadeRías, de onde se non?, na campaña “De tapas por Galicia”

De Tapas por Galicia

Hoxe preséntase en Madrid o tour promocional da Campaña "De Tapas por Galicia", organizada por Turgalicia. Contará coa presenza dos gañadores da anterior edición, os cociñeiros Rubén González e Sergio Orge, de El Cafetín de Pontevedra, entidade adherida a pescadeRías, de onde se non?. A tapa gañadora do 2015, titulada "É tempo de navallas", toda unha declaración en favor do consumo de produtos de tempada.

Descarga aquí o dossier informativo do certame.

Información: www.detapasporgalicia.com