Períodos de extracción de crustáceos en augas de Galicia 2017
04/01/2017
Deixámosvos a información sobre os períodos autorizados para a extracción de crustáceos nas augas galegas durante o 2017. Fóra destes períodos, dando uns días de marxe para a comercialización das capturas realizadas nos últimos días da campaña, non está permitida a súa captura e comercialización. Pide a etiqueta e busca o distintivo!
Nota: a captura do percebe establécese nos plans de xestión de cada confraría, e podemos atopalo no mercado todo o ano.