Peixerías adheridas

pescadeRias

Durante o mes de outubro, adheríronse á marca catro novas peixerías: Pescados e Mariscos Fátima, Pescadería Marcela, Peixes Portosín e Pescados Ramón.

As catro entidades atópanse na praza de abastos de Noia. Pescados e Mariscos Fátima e Peixes Portosín continúan na marca baixo unha nova dirección, afianzando o seu compromiso cos produtos do mar frescos, de calidade e proximidade.

En todos os establecementos, comercializan produtos da pesca artesanal procedentes das lonxas de Ribeira e Portosín e doutras lonxas da contorna.