Paula Pardo en Tripulación PescadeRías

pescadeRias

Neste novo capítulo de Tripulación PescadeRías, coñeceremos de preto o traballo de Paula Pardo, oceanógrafa e técnica de prevención da Asociación Mar Seguro de Galicia.

Paula explicaranos o seu papel no servizo de prevención mancomunado, afondando nos principais riscos aos que se enfrontan as tripulacións da pesca de baixura. Tamén abordará as accións que desenvolve no ámbito da prevención en actividades de pesca e marisqueo, clave para a seguridade do sector.

Ademais, compartirá as incidencias máis habituais do seu día a día, ofrecendo unha visión próxima e realista da súa experiencia profesional.

Podes ver o vídeo aquí.