Participación como empresa expositora na 25º Edición do Salón de Alimentación do Atlántico, SALIMAT ABANCA
05/04/2022
Do 3 ao 5 de xuño celebrarase a 25º Edición do Salón de Alimentación do Atlántico, SALIMAT ABANCA, en Silleda.
A organización ofrece ás empresas do sector de produtos do mar de Galicia estar presentes cun stand de 6 metros cadrados. Nesta ligazón atoparás as condicións de participación e nesta ligazón o boletín de inscrición.