Os produtos da pesca artesanal galega promociónanse na xira Galician Gourmet Extravaganza

Logo Galician Gourmet Extravaganza

A xira Galician Gourmet Extravaganza é unha iniciativa de promoción dos produtos agroalimentarios galegos no exterior dirixida a profesionais (supermercados, grandes almacéns, tour operadores, maioristas de alimentación, canal HORECA, operadores de  catering,  tendas delicatesen), e a vindeira semana recalará en Londres. Máis de 100 empresas galegas exporán os seus produtos na feira degustación que se celebrará no Hotel Meliá White House, entre elas, usuarios da marca pescadeRías, de onde se non?

Podes ver un adianto no seguinte video