O choco en veda nas Rías Baixas

Choco

A veda para o choco (Sepia officinalis) comezou o día 5 de xullo na Ría de Pontevedra, o día 19 de xullo na Ría de Vigo e o día 1 de agosto na Ría de Arousa.
 
Hasta finais de outubro, queda prohibida a captura, tenza a bordo, transbordo, comercialización ou venda desta especie nas tres rías, por dentro das liñas de referencia do anexo III do Decreto 15/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.