Novos restaurantes na marca
04/12/2025
En novembro incorporamos á marca pescadeRías de onde se non? a catro novos establecementos que apostan pola calidade e pola pesca artesanal galega: Terras Meigas – Catering de Pulpeiros, en Elche; O Escabeche Culturtasca de Mugardos; o Restaurante Muíño do Vento de Fene e o Restaurante Fame Kanalla de Narón.
Estes negocios ofrecen nos seus servizos peixe e marisco do día procedentes das lonxas galegas. A súa adhesión reforza a presenza da marca na comarca de Ferrolterra e achega aos consumidores propostas gastronómicas que poñen en valor os produtos capturados pola frota artesanal galega.
Agradecemos a súa confianza e o seu compromiso coa pesca artesanal e a sustentabilidade.