Novo restaurante adherido: Muelle 43
10/02/2025
Damos a benvida á marca a un novo establecemento adherido: Muelle 43, en Mugardos, un restaurante rústico familiar que conta con máis de 40 anos de traxectoria.
A súa cociña tradicional baséase en produtos de proximidade, entre os que non pode faltar o polbo á mugardesa. Ofrece peixes e mariscos procedentes da pesca artesanal e comercializados polas confrarías da contorna.