Novo restaurante adherido: Lume by Lucía Freitas

Lume by Lucía Freitas

En Santiago de Compostela, a barra gastronómica Lume by Lucía Freitas, situada a carón da praza de abastos, ofrece unha cociña informal en dous formatos, menú degustación onde os produtos da marca están moi presentes e unha cociña máis rápida na súa terraza.

Lume é o concepto máis urbano da cociñeira compostelá, galardoada cunha estrela Michelín no seu restaurante A TAFONA.