Novas tendas on line adheridas
18/04/2025
Damos a benvida á marca a dúas novas tendas online: Bongarth e Cetaria Salitre.
Bongarth é unha empresa galega especializada en conservas premium artesás. A súa orixe vincúlase a Vigo e ao mar, establecendo unha íntima relación coas rías galegas que definen a súa filosofía, fundamentada nunha aposta decidida pola tradición e a procura da excelencia.
Cetaria Salitre é unha tenda online de peixe e marisco de calidade. Todos os produtos proceden das rías galegas e son seleccionados nas mellores lonxas para ofrecer a máxima frescura. A compra realízase de forma rápida e cómoda na súa web e o produto recíbese no domicilio en 24 ou 48 horas.