Novas adhesións: Restaurante El Oviedo
20/01/2022

El Oviedo é un pequeno restaurante situado no centro de Ribadeo (Lugo), adherido en decembro ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?
Orgullosos das súas orixes, ofrecen á súa clientela tanto unha cociña tradicional como novas propostas.
Traballan con produtores locais que lles ofrecen materias primas de tempada e primeira calidade.