Novas adhesións: Regueiro da Cova

PescadeRias

Na localidade de Verín (Ourense) e a carón do Río Támega, atopamos o Restaurante Regueiro da Cova, rexentado pola cociñeira Begoña Vázquez.

Ofrece unha cociña rural, na que apostan pola calidade e polos produtores próximos, pola produción ecolóxica e por peixes e mariscos de pesca sostible e artesanal. Conta, así mesmo, cunha ampla carta de viños da contorna.