Nova peixería adherida: O Percebeiro

PescadeRias

Dende mediados de outubro, podemos atopar no Mercado de Chamartín de Madrid os produtos da pesca comercializados por O Percebeiro, entidade certificada polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?. Neste mercado, O Percebeiro conta cun punto de venta directa ao público adherido á marca pescadeRías onde ofrece os mellores peixes e mariscos procedentes da pesca artesanal de Galicia.

O Percebeiro conta así mesmo cunha tenda on line, tamén adherida á marca, dende a que envían a domicilio os produtos máis frescos en menos de 24 horas tras a súa compra nas poxas nas lonxas.