Nova entidade certificada: Conservas Lago Paganini
18/03/2026
Damos a benvida á marca a Conservas Lago Paganini, que vén de superar a súa auditoría inicial de certificación como empresa transformadora co alcance de bivalvos, cefalópodos, peixes, equinodermos e algas.
Fundada en 1915, Conservas Lago Paganini leva máis dun século elaborando conservas tradicionais de peixe azul e marisco, mantendo unha forte vinculación co territorio e co saber facer conserveiro. As súas marcas de referencia son Batea e Lago Paganini.
Na actualidade, a empresa está situada no polígono industrial de Castiñeiras, en Bueu, desde onde continúa apostando pola calidade e pola tradición conserveira galega.