Nova campaña da Consellería do Mar: GALICIA SABE AMAR
09/08/2021
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, presentaron o pasado venres 6 de agosto a nova campaña da Xunta para a promoción dos produtos do mar, co obxectivo de impulsar o consumo de peixes e mariscos entre a cidadanía.
Baixo o lema GALICIA SABE AMAR destácase de xeito fresco e atractivo a calidade e grande variedade de produtos do mar cos que conta Galicia. A campaña pon en valor a diversidade de formatos e posibilidades que ofrecen os peixes e mariscos da comunidade permitindo a elaboración de pratos da máxima calidade. Preme aquí para ver o vídeo da campaña e aquí para ver unha nova relacionada.