Nova adhesión de restaurantes
02/01/2026
Rematamos o pasado ano cunha campaña de adhesión de restaurantes á marca pescadeRías de onde se non? nas comarcas de Ferrolterra, A Coruña e Santiago de Compostela, o que reforza a visibilidade dos produtos da pesca artesanal galega no ámbito da restauración.
Damos a benvida ao Restaurante Sinxelo e Restaurante Modesto de Ferrol; A Rampa do Solpor (Mugardos), Hotel Restaurante A Roldana (Narón), Restaurante Licar e Restaurante Pepecho de Sada, Fogar do Santiso (A Coruña) e A Barra de Mercado O Testo (Santiago de Compostela).
Agradecemos a súa aposta por dar visibilidade a un produto local con garantía de frescura, orixe e trazabilidade, xunto cunha oferta gastronómica comprometida co territorio e co mar.