As nosas gañadoras do sorteo de Nadal “A nosa fala mariñeira”

Gañadoras do sorteo de Nadal

As afortunadas gañadoras do Sorteo de Nadal “A nosa fala mariñeira”, Pastora Lago Castro, que compartiu na nosa páxina de facebook o dito mariñeiro “Vai cheo como unha nécora” e María Fontán en instagram, co dito “Onde manda patrón non manda mariñeiro” xa desfrutan do seu agasallo. Parabéns!!

Ambas recibiron un lote de conservas certificadas polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?.