Nécoras, lumbrigantes e polbo regresan en xullo ás lonxas galegas

PescadeRías

O 1 de xullo, nécoras e lumbrigantes regresan ás lonxas galegas despois de finalizar o período de veda para ambas as especies. Conforme aparece no Plan Xeral de Explotación Marisqueira, a extracción de nécoras non estaba permitida desde o 5 de xaneiro e a de lumbrigantes desde o 31 de marzo.

Por outra banda, o cinco de xullo finaliza a veda do polbo conforme recóllese no plan experimental para a xestión desta especie en Galicia, en para biolóxico desde o 30 de abril.