As mareas equinocciais de setembro
02/10/2024
O pasado mes de setembro tivemos unhas mareas vivas excepcionais. Coincidindo co cambio de estación, a posición en liña do sistema Sol-Terra-Lúa provocou grandes variacións do rango de marea. Entre o 17 e o 21 de setembro houbo baixamares excepcionais, nas que se descubriron zonas que normalmente non están accesibles para o marisqueo a pé e tamén pleamares nas que o nivel de auga puxo a liña de flotación dos barcos a nivel do peirao nalgunhas vilas costeiras.
Contámoscho aquí.